Friday 17 de May de 2024

A Xunta impulsa este verán 28 actuacións de centros educativos da Comarca do Barbanza cun investimento de máis de 2,6 M€


― Trenor supervisou as obras de mellora que se están a executar IES Virxe do Mar que contan cun orzamento de máis de 339.000 euros

― O delegado da Xunta explicou que estas obras en centros educativos do Barbanza permiten avanza no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar colexios e institutos máis sostibles e innovadores

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, supervisou esta mañá a actuación que se está a levar a cabo no IES Virxe do Mar na que a Xunta de Galicia inviste máis de 339.000 euros para levar a cabo a substitución de fiestras, a reparación dunha marquesiña e a renovación da fachada principal.

Esta actuación permite avanzar neste instituto no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar centros educativos máis sostibles e innovadores.

Trenor salientou as obras en centros educativos impulsadas este verano se enmarcan na aposta da Xunta por renovar e actualizar os centros educativos da área do Barbanza ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

Obras centros educativos comarca Barbanza
En concreto na comarca do Barbanza destínanse máis de 2,6M€ para executar 28 diferentes tipos de obras en colexios e institutos ao abeiro deste plan.

Concretamente, están en marcha 7 grandes obras na comarca por un importe de 2,4 millóns, no CPI Cernadas de Castro en Lousame, en Noia no IES Virxe do Mar, no CEIP de Outes, no CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra, no CEIP Santa Irene de Porto do Son, no CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo e no CEIP O Grupo de Ribeira.

O representante do Goberno autonómico tamén lembrou que se están a executar outras 18 obras menores en centros educativos da comarca do Barbanza por un importe de case 200.000 euros, nos concellos de Boiro, Carnota, Mazaricos, Muros, Noia, A Pobra, Rianxo e Ribeira.

Trenor resaltou outras actuacións que se están levando a cabo de instalación de placas fotovoltaicas en 3 centros educativos, no IES Fontexería de Muros, no IES Campo Alberto San Alberto de Noia e no IES Coroso de Ribeira que supoñen un investimento total de máis de 86.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética nestes centros.

“Con todos estes investimentos, apuntou o delegado, nestes momentos a Xunta ten comprometidos, e na maior parte en execución, máis de 2,6 millóns de euros para dar resposta ás necesidades dos centros educativos da área do Barbanza”.